Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
TERCEIRA EDICIÓN

Creación musical sen cancelas no Coruña Son 2010

Aberto o prazo para a presentación de maquetas para este certame que persegue fomentar a creación musical en lingua galega e dar a coñecer novos artistas.

Redacción - 11:00 23/03/2010
Imaxe do disco editado na última edición

Imaxe do disco editado na última edición

Fomentar, descubrir e promocionar novos autores e autoras de canción en galego. Este é o obxectivo que se marcan por terceiro ano consecutivo as Concellarías de Cultura e Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña na organización do Coruña Son 2010.

Todos aqueles autores que queiran participar no certame teñen até o vindeiro 11 de abril para enviar as súas propostas, que poderán interpretarse en calquera estilo, sen límites: pop, rock, electrónica, folk, jazz, canción de autor... Deberán rexistrarse a través da web de Coruña Son e enviar a súa interpretación en formato de vídeo ou mp3.

De todas as maquetas que cheguen a concurso, elixiranse dez autores, que recibirán como premio o dereito a asistir a un curso de cinco días de duración impartido por profesionais de prestixio, onde traballarán as súas propias composicións. Finalmente, gravarán un disco colectivo durante un concerto ao que serán convidados representantes de todos os sectores da nosa industria musical.


4.25/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: