Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
VIEIROS DAS ESTRELAS

A Universidade do Miño propón a creación da Axencia Espacial Luso-Brasileira

O proxecto, en fase inicial, xa conta co apoio do goberno portugués e pretende o aproveitamento de sinerxias no eido da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.

Redacción - 11:05 03/03/2010

Brasil é punteiro na tecnoloxía aeroespacial e Portugal ten a experiencia que confire ser membro da Axencia Espacial Europea. A proposta feita polos físicos da Universidade do Miño (UM) aposta por aproveitar estes coñecementos para crear sinerxias e avanzar a un tempo nas relacións portuguesas-brasileiras e no coñecemento da realidade espacial da man dun maior desenvolvemento científico e tecnolóxico.

Así o avanzou o director da Axencia de Enerxia da UM, Joaquim Carneiro, quen xa está facendo contactos no Brasil con prestixiosas institucións vencelladas ao mundo empresarial e do ensino, ademais dos organismos estritamente administrativos (como o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía ou o de Educación). Segundo explicou, o proxecto, que aínda non ten un custe avaliado, xa conta co apoio do goberno portugués. “Se houbese votade política”, dixo, “a Axencia Espacial Luso-Brasileira deixaría de ser un soño”.


4,86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: