Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VENEZUELA ACUSADA

A Audiencia di que o goberno de Chávez coopera coa ETA e coas FARC

O xuíz Eloi Velasco fai constar a acusación no auto no que procesa a seis presuntos etarras e sete guerrilleiros colombianos.

Redacción - 13:38 01/03/2010

A Audiencia aprecia indicios de cooperación do goberno de Venezuela con ETA e as FARC. O xuíz Eloi Velasco procesou a seis supostos etarras e outros sete supostos membros da organización colombiana e recolle no seu auto de procesamento que estes dous grupos compartiron información sobre o manexo de explosivos e para intentar cometer varios asasinatos, entre eles o do presidente Álvaro Uribe e o do seu antecesor Andrés Pastrana.

No auto feito público este luns, Velasco solicita ao goberno de Hugo Chávez a extradición do suposto etarra Arturo Cubillas, que en 2005 foi nomeado director adscrito da Oficina de Administración e Servizos do Ministerio de Agricultura venezolano, “mentres era responsábel de ETA nesa zona de América dende 1999, encargándose”, di o auto, “de coordinar as relacións coas FARC”. O texto continúa: “obran dilixencias en este procedemento que poñen de manifesto a cooperación gobernamental venezolana na ilícita colaboración entre as FARC e ETA e, en especial Arturo Cubillas, que ten ou tivo un cargo público naquel país”.


2.33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: