Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Alerta vermella

Morre unha muller de 82 anos en Vilar de Barrio pola caída dun muro

Ao lugar do suceso desprazouse unha ambulancia do 061, así como efectivos da Garda Civil, Protección Civil e os Bombeiros de Xinzo que, con todo, non chegaron a intervir.

Redacción - 19:30 27/02/2010

O Centro de Emerxencia 112 informou do falecemento de C.D.G., unha muller de 82 anos, na localidade de Vilar de Barrio (A Limia), este sábado pola tarde, pola caída de parte dun muro dunha nave.

Ao lugar do suceso desprazouse unha ambulancia do 061, así como efectivos da Garda Civil, Protección Civil e os Bombeiros de Xinzo que, con todo, non chegaron a intervir.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: