Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Undécima edición

Radiofusión premia a mellor carta de amor

O traballo gañador darase a coñecer o 14 de febreiro. Os textos candidatos pódense enviar até o día 11 dese mes.

Redacción - 19:10 28/01/2010

Radiofusión convoca unha nova edición do seu certame de cartas de amor, nado en 1997. O premio para a persoa autora da carta favorita do xurado será unha cea romántica para dúas persoas e unha estancia dunha noite no Parador de Turismo de Ferrol.

A 11ª edición do concurso abriuse oficialmente este xoves, coa presentación das bases no concello de Fene. Como vén sendo norma, a persoa gañadora darase a coñecer o 14 de febreiro, día dos namorados. O xurado coñecerase antes: o 2 de febreiro, día da Candeloria, cando casan os paxariños, segundo a tradición.

Para participar hai que enviar unha declaración de amor, en galego, en prosa ou en verso, cunha extensión non superior a un folio a dobre espazo, a Radiofusión, Casa do Concello, 15500 Fene, ou ao enderezo direccion@radiofusion.eu. Hanse de enviar baixo plica e terán que estar en poder do xurado antes do 11 de febreiro.

Entre os premiados de anteriores edicións están Emma Pedreira, Adela del Río, Xosé Montero, Dolores Couceiro, Emilio Ontañón, Francisco Maceira, Alicia Fernández Rodriguez e Pablo Jablonski. Polo xurado, de alta calidade literaria, pasaron, entre outros, escritores como Bieito Iglesias, Xosé Manuel Sarille, Manuel Forcadela, Estíbaliz Espinosa, Cesáreo Sánchez Iglesias, Mario Regueira, Iria López, Teijeiro, Xosé Leira e Rosa Aneiros.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: