Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Na súa cuarta edición

Espacio Atlántico convértese en referencia para o mercado da arte contemporánea

A organización da feira viguesa considera atinxida a meta de consolidarse como o segundo evento en importancia a nivel estatal, só atrás de Arco.

Redacción - 14:15 18/01/2010

Baixo a denominación 'Puro Arte' nas edicións anteriores e coa marca Espacio Atlántico, nesta edición 2010, a feita de arte contemporánea que se desenvolveu en Vigo até o pasado domingo pecha cun exitoso balance.

Pouco antes de pechar as portas, desde a organización xa amosaban a súa satisfacción polas propias cifras de visita: 30 mil visitantes, arredor de dez milleiros máis que hai un ano. Expresan tamén o convencemento de que se percibiu o cambio que pretendían en términos de esixencia en canto á calidade das galerías participantes. Xustamente, a participación das galerías portuguesas, que nesta edición escolleron a cita de Vigo no canto da madrileña Arco, é clave para consolidar Espacio Atlántico como o segundo evento en importancia a nivel estatal, xa só por tras da propia Arco.

Volume de negocio importante
E no que lle toca a vendas, subliñan as importantes compras pechadas durante o evento, e alén das realizadas por coleccionistas privados, destacan especialmente o caso das adquisicións por valor de 300 mil euros realizadas pola Fundación Pedro Barrié de la Maza, e as compras institucionais de entidades como Caixanova ou a Fundación María José Jove. Un balance positivo que chega malia o malestar orixinado polo anuncio da Consellaría de Cultura de que o Centro Galego de Arte Contemporánea non faría compra ningunha nesta ocasión, argumentando unha suposta débeda herdada da anterior lexislatura.

Doutra banda, iniciouse a chamada colección Espacio Atlántico, que será depositada no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO). Inician esta colección obras dos galegos Misha Bies Golas e Antía Moure, do brasileño José Bechara, o portugués Francisco Tropa, ou os españois Ana Soler e Karmelo Bermejo. "Os galeristas fixeron este ano un esforzo moi grande, porque trouxeron o mellor, e a sensación xeral é moi positiva", explica Marta Scarpellini, directora xeral da feira.

Para la directora general de la feria lo que queda por delante es “un año de trabajo, con un punto de partida muy asentado, en el que podamos dedicar más tiempo a mejorar algunos aspectos, como el apoyo institucional en lo referente a coleccionismo”, según ha indicado Marta Scarpellini. “El cuidado y la atención al expositor son claves, los galeristas son los más exigentes porque son los que más arriesgan viniendo aquí. Este año han hecho un esfuerzo muy grande, porque han traído lo mejor de su galería, la sensación general es muy positiva. Estamos convencidos de que el año próximo habrá más posibilidades y la feria podrá ser mejor. Es muy importante el acuerdo global que han alcanzado las fuerzas políticas, creando una plataforma fantástica para continuar trabajando”. "Conseguimos unha sinerxia de forzas que me fai ser aínda máis optimista de cara ao futuro, estou convencido de que todo isto só foi un primeiro paso e non só superamos expectativas senón que pechamos grandes principios de acordo para a vindeira edición", engade David Barro, director artístico de Espacio Atlántico.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: