Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Tempada ciclista

Pereiro volve á competición en Australia

O gañador do Tour 2006 comeza nova etapa coa camiseta do Astana e participa nas antípodas na Down Under Classic.

Redacción - 11:55 17/01/2010

"Sinto algo especial neste novo reto que para min significa estar nunha nova estrutura e cun gran líder como é Alberto", comenta o galego Óscar Pereiro, gañador do Tour 2006, en referencia ao seu novo papel na escadra que lidera o último gañador da rolda francesa, o español Alberto Contador.

Para Pereiro, trátase dunha nova etapa vital que afrontará con "nova mentalidade". "Este tipo de retos son os que realmente me motivan", explica, "quero ser un dos piares deste proxecto, e quero estar á altura deste gran equipo e non me cabe dúbida de que así será". Esta de Australia será a súa primeira carreira coa camisola do Astana, coa que este domingo compite na Down Under Classic, aperitivo previo ao Tour Down Under, que comeza o vindeiro martes. "A verdade é que me gustan os colores chamativos do Astana, e lémbranme a miña época do Phonak: iso é un bo síntoma", comenta ao respecto da súa combativa etapa no equipo que no seu momento dirixira Álvaro Pino. Por outro lado, o de Mos tamén destacou o contraste de pasar dun último mes adestrando en Galiza "con bastante frío" a rodar baixo o sol australiano con temperaturas por riba dos 35 graos.


3/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: