Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONFERENCIA SOBRE A MUDANZA CLIMÁTICA

Copenhaguen: Hai alguén aí?

Representantes de máis de 190 países do mundo buscan dende este luns un acordo que supere o Protocolo de Quioto e que sirva para frear o grave deterioramento ambiental do planeta.

Redacción - 11:04 07/12/2009

Conpenhaguen é dende este luns a capital do mundo. Representantes de máis de 190 países comezan unha serie de encontros que duararán dúas semanas e que buscan un acordo histórico contra a mudanza climática. Até a cidade danesa, á que acudirán cen xefes de estado, desprazáronse milleiros de activistas que exixen un acordo político serio para reducir notabelmente as emisións de CO2 á atmsofera.

Dos países máis contaminantes depende en boa parte que a Conferencia das Nacións Unidas sobre a Mudanza Climática sexa un éxito. O posicionamento de EUA, a Unión Europea, China, Rusia, Brasil e India vai ser crucial á hora de establecer unhas liñas mestras. O gran reto é superar o chamado Protocolo de Quioto, asinado en 1997 e que é, segundo os científicos, insuficiente para salvar o planeta. A primeira semana vai estar marcada polo debate dos datos científicos e as porcentaxes posíbeis de redución de emisións.

O obxectivo último sería lograr que a temperatura media global non siga subindo. Os expertos xa advertiron que se o planeta continúa co actual modelo de desenvolvemento a temperatura media mundial pode ascender até 3,5 graos en 2100. Segundo un informe da ONU isto conlevaría que o mar aumente un metro.

Especialmente esperadas van ser as intervencións de pequenos países ameazados gravemente pola subida dos mares. A Alianza dos Pequenos Países Insulares vai levar un posicionamento consensuado para chamar a atención do serio risco que correrá a súa poboación nas vindeiras décadas se non hai cambios claros nas políticas industriais.

Os medios de comunicación unen a súa voz pedindo un gran acordo

Até 56 grandes xornais de 44 estados do mundo falaron este luns conxuntamente. Por iniciativa de The Guardian, estes medios publicaron un comunicado consensuado onde se fai fincapé na extraordinaria importancia da xuntanza de Copenhaguen: “Se non nos xuntamos para tomar unha acción decisiva, as alteracións climática estragarán o noso planeta, e canda el a nosa prosperidade e seguridade. Dende hai unha xeración os perigos téñense tornado evidentes...”

Poden ler no xornal portugués Público o editorial completo


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: