Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Debate en primeira plana

A unión de forzas da prensa catalá en favor do Estatut axita o escenario político

A iniciativa colleita un feixe de apoios e adhesións en Cataluña. PP e xuíces conservadores reaccionan con belixerancia.

Redacción - 10:30 27/11/2009

"Polo seu simbolismo e porque reflexa perfectamente a ampla unidade que hai na sociedade catalá en defensa do Estatut e da vía institucional para expresar os desexos e aspiracións do país". Deste xeito subliñaba durante a xornada do xoves o presidente da Generalitat, José Montilla, o seu agradecemento polo editorial conxunto, la dignitat de Catalunya, dos medios daquel país, unha iniciativa que cualificou. Un xesto sen precedentes que protagonizaron El Periódico, La Vanguardia, Avui, El Punt, Diari de Girona, Diari de Tarragona, Segre, La Mañana, Regió 7, El Nou, Diari de Sabadell e Diari de Terrassa.

Outros medios e espazos radiofónicos, caso de Com Ràdio, RAC-1 ou o programa El matí de Catalunya Ràdio, de Manel Fuentes, expresaban a súa adhesión ao longo do día a esta iniciativa. Asociacións culturais e deportivas, colexios profesionais, empresarios, sindicatos e colectivos diversos subliñaban nas horas sucesivas o seu apoio ao editorial. "Foi moi acertado, porque recolle a opinión de todos os ángulos e puntos de vista que representan os diarios que o publicaron, é a opinión do país, e oxalá se tivera feito antes porque demostra a unidade dos cataláns nun asunto clave", expresaba por exemplo a reitora da Univesitat de Girona, Anna Maria Geli. "Saudamos a publicación como unha iniciativa que recolle o sentimento da cidadanía: debe constituír o primeiro paso nunha campaña de mobilizacións da sociedade catalá", afirmaban tamén para El Periódico desde a Federación de Veciños de Barcelona.


A belixerancia fronte a este editorial foi liderada polo Partido Popular. Membros diversos deste partido, como Esperanza Aguirre ou Soraya Sáenz de Santamaría, cualificaron de "intolerábel presión" o texto e acusaron o presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, de ser o "responsábel de abrir un debate innecesario". Para a Asociación Profesional da Maxistratura (APM), colectivo que agrupa xuíces de perfil conservador, o editorial é un exemplo de "presión intolerábel". "É unha presión e unha advertencia en toda regra ao Tribunal Constitucional", reprochan. Tamén o vicepresidente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), Fernando de Rosa, censurou a iniciativa, criticando o que entende que é un "intento de facer presión" sobre o Tribunal Constitucional.

Recomendámoslles ampliar en:


4.67/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: