Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTINÚA O CONFLITO

A Confraría de Cangas chama ao boicot de Caixanova

Mariñeiros e particulares cancelan as súas contas en protesta polo apoio da entidade á construción do porto deportivo de Massó.

Redacción - 12:02 13/11/2009

Darlle onde máis lle doe a Caixanova, na súa clientela. Iso é o que pretenden dende a Confraría de Pescadores de Cangas e dende o Foro Social, que fixeron un chamado á cidadanía para que cancelen as súas contas na entidade. Protestan así contra a falta de resposta da caixa ás peticións de paralización do proxecto do porto deportivo de Massó. Recordan que é accionista de Residencial Marina Atlántica, a promotora deste "proxecto de especulación urbanística que pretenden desenvolver nos terreos da antiga conserveira".

O patrón maior, Evaristo Fernández, xa anunciou a decisión do colectivo de armadores de retirar paulatinamente todas as súas contas de Caixanova. "Será pouco a pouco", dixo, "porque aínda temos axudas pendentes de cobramento". Porén, o inicio do boicot xa se fixo efectivo este venres ao non renovar a póliza de crédito que a Confraría tiña contratada coa caixa. A facturación dos mariñeiros de Cangas ascende a 2,5 millóns de euros anuais que, agora, pasarán a ser xestionados por outra entidade.

Manifestación en Vigo
Por outra parte, o colectivo A Ría Non se Vende convocou unha marcha para este sábado en Vigo baixo o lema: "Massó, Bouzas, Areal, Teis, Chapela... Os recheos matan a ría". Acusan ás diferentes autoridades "de permitir as máis agresivas actuacións no mar e na ribeira": á Autoridade Portuaria de Vigo ("principal promotora de todos os proxectos de ampliacións portuarias e portos deportivos"), á clase empresarial ("que é a que verdadeiramente marca as directrices"), e os alcaldes e alcaldesas que gobernan os concellos que baña a Ría de Vigo (por permitiren "máis agresións no mar e na ribeira". A marcha sairá ás 19:00 horas da Praza dos Cabalos e rematará ante a Autoridade Portuaria. Xa pola noite, celebrarase un concerto solidario.


5/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Este sábado, Vigo acollerá unha manifestación contraria aos recheos na ría
Este sábado, Vigo acollerá unha manifestación contraria aos recheos na ría
Confraría e Foro Social lamentan o silencio de Caixanova ante o avance das obras en Salgueirón
Confraría e Foro Social lamentan o silencio de Caixanova ante o avance das obras en Salgueirón