Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Supera a media estatal

Cae o número de estranxeiros que traballan en Galiza

O colectivo de traballadores inmigrantes revélase como un dos máis afectados pola situación económica de recesión.

Redacción - 12:30 22/09/2009
En Galiza, o número de traballadores estranxeiros caeu un 6,84%

En Galiza, o número de traballadores estranxeiros caeu un 6,84%

En Galiza, o número medio de afiliados estranxeiros á Seguridade Social caeu o pasado mes de agosto nun 6,84% con respecto ao mesmo mes de hai un ano. Así, segundo os datos do Ministerio de Traballo e Inmigración, o número de traballadores de orixe inmigrante que cotizan no noso país ascende a 41.539 persoas.

Segundo os sectores, son 29.118 cotizantes no Réxime Xeral; 4.821 Autónomos; 4.473 en Emprego-Fogar; 1.815 Traballadores do Mar; e 1.312 no réxime Agrario. Mentres, segundo os seus países de procedencia, hai que destacar a importante presenza de traballadores portugueses (11.036), seguidos dos colombianos (3.592), os brasileiros (2.585), os romaneses (2.273) e os peruanos (2.132).

Maior caída que no Estado Español
Pola súa parte, a estatística deste pasado mes de agosto deparou tamén unha caída, por vez primeira, na afiliación de estranxeiros no conxunto do Estado. O número de traballadores inmigrantes situouse en 1.915.328 ocupados, un 1% menos. Ráchase así a tendencia alcista, logo de cinco meses consecutivos nos que o sistema gañou afiliados foráneos. Neste caso, a meirande parte proceden de Marrocos, Ecuador e Colombia.


Ligazóns

3/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: