Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Avance dos orzamentos para 2010

Fórmulas público-privadas compensarán a perda de ingresos

O ano que vén haberá 1.500 millóns menos de ingresos, pola perda de cartos chegados do Estado e do Imposto de Transmisións Patrimoniais reducido pola nova Xunta.

Redacción - 13:35 15/09/2009

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, avanzou hoxe que os orzamentos da Xunta para 2010 caerán a niveis de 2006, cando as contas galegas superaron os 9.900 millóns de euros, ao prever unha caída nos ingresos de 1.500 millóns.

A baixada está provocada pola perda do 16,5% dos cartos chegados do Estado e outra do 33%, correspondente ao Imposto de Transmisións Patrimoniais, reducido polo Executivo que preside Alberto Núñez Feijoo.

Logo dunha primeira reunión cos portavoces de Economía dos tres grupos parlamentarios, Fernández Currás destacou que as contas do próximo ano "manterán en termos absolutos o gasto destinado a servizos públicos", de modo que "o peso relativo se manterá" ou, mesmo, "aumentará".

Privatización nos hospitais
Tamén, informou de que se estudarán fórmulas público-privadas para impulsar determinados servizos e infraestruturas como hospitais e autovías. "Esta fórmula centrarase nas infraestruturas e non será para xestión de servizos polo sector privado, senón na construción", aclarou no entanto.

Ademais, os orzamentos elaboraranse cunha previsión de crecemento da economía galega do 0,7%. A conselleira ratificou que o Goberno aproveitará o máximo de endebedamento, que é o 2,5% do PIB, aínda que non concretou se se esgotará esta capacidade.


1/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: