Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Volta á escola

O PSdeG pedirá a gratuidade dos libros cunha campaña por todo o país

Presentará unha proposición non de lei no Parlamento e reunirase cos axentes afectados por un modelo "retrógrado" e "máis caro".

Redacción / EP - 10:00 08/09/2009

O PSdeG iniciou esta semana unha campaña en todos os concellos do país para defender a gratuidade universal dos libros de texto, co lema "A gratuidade dos libros de texto é un dereito, deféndeo". Durante a presentación distintos cargos do partido tacharon de "retrógrado" o novo sistema e calcularon que sairá un 25 por cento máis caro ca o modelo posto en marcha polo bipartito.

A voceira do partido, Mar Barcón, asegurou na Coruña que o sistema actual só lle garantirá a gratuidade dos libros a un 22 por cento do alumnado. "Os socialistas non permitiremos este ataque a un dereito consolidado", advertiu. O PSdeG anunciou que levará a pleno do Parlamento o mércores unha proposición de lei para conseguir que se volva á "gratuidade universal".

A maiores, Mar Barcón recriminoulle ao PPdeG crear un "novo imposto" que deberán pagar "familias escasamente mileuristas". O deputado Xosé Luís Méndez Romeu engadiu que o criterio das rendas é "escandaloso" e interpretou que a medida é unha "cortina de fume" para "esconder reaxustes máis importantes no eido educativo" postos e marcha "pola dereita galega máis reaccionaria, clasista, cavernícola e inculta".

A campaña desenvolverase en todas as comarcas do país ao longo do trimestre, co obxectivo de lograr que a Xunta "dea marcha atrás nunha das sús medidas máis retrógradas". Os socialistas afirmaron que "alimentarán esa conciencia social" para que se revogue o modelo de "gratuidade solidaria" do PPdeG. Cargos orgánicos e institucionais do PSdeG reuniranse a vindeira semana cos colectivos afectados pola medida.


4,2/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: