Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LEMBRANZA

Celso Emilio, a voz que non se apaga

Este sábado, a piques de celebrarse o 30 cabodano do seu pasamento, a asociación Arraianos réndelle tributo ao poeta na súa vila natal.

Redacción - 12:40 27/08/2009

Celso Emilio Ferreiro é, sen dúbida, un dos poetas galegos máis influintes do século pasado. Cando están a piques de cumprirse 30 anos da súa morte (un 31 de agosto), a asociación Arraianos ten preparado un acto popular para lembrar ao escritor de Celanova na súa vila natal.

O sábado, ás 18.30 horas, no cemiterio de San Breixo de Celanova haberá un recital poético e musical que acompañará unha ofrenda floral. Dende Arraianos queren reivindicar a figura dun poeta que logrou o que semella ás veces tan difícil, a popularización da súa obra. Un exemplo é que os seus poemas foron cantados, entre outros, por Pucho Boedo, Fuxan os Ventos, Suso Vaamonde ou máis recentemente por Dios ke te crew.

Unha xornada para lembrar os represaliados
A homenaxe en Celanova vai ser ben máis ampla. Ás 12 da mañá dese mesmo día, a asociación Arraianos ten organizado un acto no Alto do Furriolo (A Bola) para lembrar os represaliados pola ditadura franquista.

Os tributos tamén van chegar ao lugar coñecido como Poza das Rás, onde un 29 de agosto de 1936 foron asasinadas cinco persoas de ideas republicanas (Xulio González, mestre de Verea; Amadeo López, mestre e colaborador da revista Nós e natural de Carballeda de Avia; e Silvio Torres, condutor, natural de Ourense)


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: