Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Novidosa campaña

Para vivir...Arzúa!

Trinta veciños da localidade expoñen nunha páxina as vantaxes deste concello co obxectivo de atraer poboación, empresas e turistas.

Redacción - 18:05 21/08/2009
Imaxe da web www.arzuaparati,org

Imaxe da web www.arzuaparati,org

Patricia Regueiro conta que como Arzúa é pequena todo está a man. O empresario Daniel Varela pensa que investir en Arzúa pode ser máis fácil que noutros concellos. A Felisa López parécelle que a Arzúa só lle falta universidade. Son algunhas das vantaxes que os veciños e veciñas da localidade expoñen na campaña “Arzúa para ti”, unha iniciativa do Concello para promocionar Arzúa como lugar onde vivir, investir e visitar.

A campaña e a web www.arzuaparati.org presentouse este venres. O obxectivo non é novo: o concello quere atraer novos veciños e iniciativas empresariais. O novidoso é que neste caso son unha trintena de homes e mulleres da localidade os que se poñen diante da cámara para expoñer o que o seu municipio ten de bo. Polos vídeos da campaña pasan unha parella nova que decidiu asentarse en Arzúa, un mozo emprendedor, unha muller empresaria, un peregrino, unha restauradora, un empresario gandeiro, un mozo deportista...

Vir, vivir, investir
Coa futura construción do tramo Lavacolla-Arzúa da A-54, a vila situarase a 28 quilómetros por autovía da capital. Por iso é principalmente aos composteláns aos que o Concello dirixe a súa a mensaxe: Arzúa está próxima ás grandes cidades, conta con todos os servizos, un plan xeral para garantir un urbanismo ordenado, solo industrial, e unha boa integración entre a vila e o rural.

A web estrutúrase en tres bloques: “Arzúa para vivir”, “Arzúa para investir” e “Arzúa para vir”. A primeira sección contén información sobre as comunicacións e servizos do concello, axudas en materia de vivenda e incluso anuncios de inmobles en venda e aluguer. No apartado dirixido a investidores, ofrécese información das infraestruturas empresariais e sobre as axudas para a posta en marcha e mellora de negocios. “Arzúa para vir” expón as potencialidades turísticas do concello, por se aínda queda quen non parou alí.


Ligazóns

4,6/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: