Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En espera da sentenza do Constitucional

ERC desafía o PSC a retirar os deputados no Congreso para presionar en favor do Estatut

Joan Tardá, deputado de Esquerra no Congreso, propón unha "retirada transitoria" de todos os deputados cataláns en Madrid.

Redacción - 13:15 19/08/2009
Carod propón unha manifestación o 11 de setembro

Carod propón unha manifestación o 11 de setembro

"O Tribunal Constitucional está corrompido ideoloxicamente, é ilexítimo, parcial e responde a criterios políticos do PSOE e do PP", censurou o deputado catalán Joan Tardá no diario El Punt. Durante a entrevista, Tardà chama os deputados cataláns de todas as formacións políticas a deixaren temporalmente os seus asentos no Congreso como medida de "presión" fronte á posíbel lectura "restritiva" que o Constitucional iría facer do Estatut. "Até que o PSOE non viu que non tería apoios no Congreso non cedeu co tema do financiamento", advertiu o deputado nacionalista, instando a exercer unha presión similar neste caso.

Impulso dunha manifestación en Barcelona
"Se o retocan, sairemos á rúa 200 mil persoas para baixar polo paseo de Gràcia cantando Volem 'Estatut, como en 1979". Así o escribía Pasqual Maragall, ex presidente da Generalitat, nas páxinas do diario Avui a pasada fin de semana. O vicepresidente do goberno catalán, Josep Lluís Carod Rovira, pronunciouse tamén a favor da convocatoria dunha manifestación. "Así en Madrid, segundo quen, pensará dúas veces antes de dicir que cousas", afirmou.

Sobre o asunto pronunciouse o conselleiro de Política Territorial da Generalitat, o socialista Joaquim Nadal, quen evitou comentar a suxestión concreta de Carod, que propoñía saír á rúa o 11 de setembro. Nadal pediu esperar a escoitar a voz do Tribunal Constitucional e dixo estar seguro de que os xuíces avalaran o texto que votaron favorablemente os cidadáns cataláns. Con todo, diante dunha hipotética mobilización posterior ao fallo, considerou o representante do PSC que será o presidente do goberno catalán, José Montilla, quen debera liderar a resposta á sentenza.

A entidade Òmnium Cultural xa lle trasladou a Maragall e ao ex presidente Jordi Pujol, a proposta de que encabecen unha manifestación previa á decisión do TC. Ao respecto manifestouse tamén Pujol no mesmo diario, recomendando non facer demostracións de forza antes de coñecerse a sentenza. Con todo, non descartou a súa presencia nunha posíbel mobilización posterior á publicación da decisión do alto tribunal. Mentres, segue o malestar pola tardanza en coñecerse a avaliación pública do TC, unha "inquietude" subliñada recentemente polo propio ministro de Xustiza, o galego Francisco Caamaño.


4.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: