Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Rock, pop, folk, reggae e clásica

Vaga de calores musicais en todo o país

Viveiro, Chantada, Noia, Nigrán, Vilalba, Antas de Ulla... Malo será que non lles certe algún concerto a pé da casa onde ir botarlle unha peza.

Redacción - 10:00 15/08/2009

A estas alturas do verán xa quedaron atrás as citas musicais máis multitudinarias. Os festivais de Ortigueira, Pardiñas e Cultura Quente, os concertos de Bruce Springsteen e Lou Reed e Laurie Anderson, os festivais de Paredes de Coura e o Super Bock Super Rock en Portugal... Co permiso de Leonard Cohen, que o xoves xuntará a milleiros en Vigo, o que queda de período estival será dominado polos pequenos festivais que volven agromar co sol resistindo como poden os tempos de crise.

As bandas galegas de diferentes estilos son as protagonistas desta semana festivaleira que se espalla polas vilas e conquista o curuto dos montes. Un ano máis o monte Alba de Valadares (Vigo) acolle todo un clásico: a 16ª edición do Revoltallo, imprescindibles para os amantes do metal. E tamén nas alturas se celebra a primeira edición do Festival do Monte Faro, cun día dedicado ao folk e outro ao rock.

Mentres Coti actúa en Vigo e na Coruña tocan Raphael e El Consorcio, polas vilas da costa e o interior chegan os sons máis diversos: aires xamaicanos no Reggae na Chaira de Vilalba, pop rock no Mar de Fondo de Noia e no Sonearte de Viveiro, rock máis duro no Berra! Nigrán, folk no festival As Nosas Músicas de Couso (A Estrada) e incluso música clásica no Festiulloa de Antas de Ulla. E para quen non lle chegue, en Viana do Castelo ten o Neopop Festival.

10 a 16 de agosto. Viveiro. Sonearte.
 Xoves 13: Los Pekenikes.
Venres 14: Loquillo, Los Ciruelas.
Sábado 15: Alejandro Luzardo y La Candombera.
Domingo 16: Russian Red.

13 a 15 de agosto. Nigrán. Berra! Nigrán.
Xoves 13: Seiskafes, Tanghana Show, Bastards on Parade.
Venres 14: Bodega Bodega, Oferta Especial, Skarmento, Alimaña HC.
Sábado 15: Iratxo, Sundayers, Motor Perkins, Fainoti.

14 e 15 de agosto. Chantada-Rodeiro. I Festival do Monte Faro.
Venres 14 (rock): Tonhito de Poi, Alén, Som do Galpóm, Indana, Ibsen.
Sábado 15 (folk): Linho do Cuco, Bonovo, Os Tres Trebóns, Cé Orquestra Pantasma.

14 e 15 de agosto. Noia. Mar de Fondo.
Venres 14: Cooper, Baby Charles, The Phantom Keys, Los Chavales, Ummagumma Rock and Roll Explosion.
Sábado 15: Sidonie, Dustaphonics, Loveless Cousins, Supersound, Strabismo.

14 e 15 de agosto. Vilalba. Reggae na Chaira.
Venres 14: Merry Melodiers, Selectah Jag.
Sábado 15: Zaramarandi, Samurai 6, Chotokoeu, Skarallaos, Kaos & Karmasound, Efe-3 & Xaco Beat.

14, 15 e 16 de agosto. Monte Alba de Valadares (Vigo). Revoltallo.
Venres 14: Raúl Mezcolanza vs. Aitor Ronda, Iago de la Vega, Fran Rodríguez...
Sábado 15: Darksun, Noctem, Dawn of Tears, In.Verno, Wake of Confusion.
Domingo 16: Protest the Hero, Devil in Me, The Effort, Another Kind of Death, Larkin, Teksuo, Greyhounds, Rojo Dos.

15 de agosto. Pazo de Vilane, Antas de Ulla. Festiulloa.
Cristina Nogueira, Jorge Belda e Alberto Vidal, interpretan pezas de Bach, Mozart, Bartok, e Boccherini.

Outros concertos esta fin de semana:

15 de agosto.
The Hives e No Way Out na Coruña.
Vetusta Morla en Pontevedra.
Miguel Costas en Ribeira.
Sugar Mountain e Capitán Furilo en Ourense.

16 de agosto.
Berrogüetto en Pontevedra.


0/5 (0 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: