Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ANÁLISE DO IGADI

Intereses xeopolíticos enfrontados en Sudamérica

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional profunda no contexto de tensións, fundamentalmente militares, no continente americano.

Redacción - 10:00 16/08/2009
Uribe, que non acudiu ao cumio, está a negociar cos EUA a consolidación de bases militares estadounidenses en chan colombiano

Uribe, que non acudiu ao cumio, está a negociar cos EUA a consolidación de bases militares estadounidenses en chan colombiano

"Guerra fía en Sudamérica? O cumio do Unasur, tensións mitilitares e o pacto EEUU-Colombia". Este é o lema baixo o que se enmarca o último número do Igadi Paper elaborado polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). O informe analiza o escenario xeopolítico sudamericano ante o recente cumio da Unión de Nacións do Sur (UNASUR) celebrado en Quito (Ecuador) un evento que estivo polarizado pola negociación que levan a cabo Washington e Bogotá para consolidar bases militares estadounidenses en territorio colombiano.

Tal e como detalla o IGADI, o contexto político sudamericano está fortemente condicionado pola devandita negociación entre os Estados Unidos e Colombia para a ampliación da súa cooperación militar, iniciada hai xa nove anos. A maiores, as tensións diplomáticas non fixeron máis que acrecentarse logo da ausencia de Uribe no cumio de Unasur, unha decisión que xerou notábeis críticas fundamentalmente de Venezuela, Ecuador e Bolivia, os principais detractores do acordo militar.

A esta conxuntura diplomática engádese unha disputa armamentística: dende o 2004, países como Brasil, Colombia, Chile e Venezuela lideran o gasto militar na rexión. Con todo, o pacto entre os EUA e Colombia alteraría este equilibrio militar, o que vaticina considerábeis consecuencias políticas.

  • Toda a información, en análise do IGADI, no número 18 da súa publicación.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: