Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Quecemento global

Tuvalu muda ás enerxías renovábeis

O estado insular do Pacífico, ameazado con desaparecer polo medre dos océanos, pretende dar exemplo e presionar de cara á conferencia de Copenhague.

Redacción - 18:15 19/07/2009

O estado insular de Tuvalu, no pacífico, anunciou este domingo que só usará fontes de enerxía renovábeis no ano 2020, coa esperanza de darlles exemplo aos países industrializados para que reduzan as emisións de gases de efecto invernadoiro. Esta contaminación está a provocar o aumento do nivel dos océanos e a ameza de desaparición do propio Tuvalu.

O estado, formado por atois de coral que non superan os 4,5 metros de altura sobre a superficie mariña, calcula que custará máis de 15 millóns de euros xerar toda a electricidade para os seus 12 mil habitantes a partir de enerxía solar e eólica e rematar a dependencia do gasóleo.

Tuvalu e outros arquipélagos do Pacífico, do Índico e do Caribe temen que a suba do nivel do mar os borre do mapa, polo que piden que os gobernos do mundo cheguen a un acordo en decembro en Copenhague para frear o cambio climático. O goberno de Tuvalu espera que o seu xesto de reducir as emisións de gases reforce a súa voz nas negociacións.

O nivel do mar aumentou en 17 centímetros no século XX. A ONU estimou que 2007 que podería subir até 59 centímetros máis até 2100, ou incluso superar esa cifra se se acelera o desxeo en Grenlandia e na Antártida.


4.5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: