Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Xornadas de debate

'Un imaxinario galego para as Industrias Culturais?'

Este foi o título da conferencia de Vítor Freixanes que pechou o venres en Celanova o curso 'O Audiovisual e As Industrias Culturais'.

Redacción - 13:15 11/07/2009
Feira Galega de Industrias Culturais

Feira Galega de Industrias Culturais

Tres xornadas de análise, reflexión e debate arredor do audiovisual e a súa relación coa industria e mais a cultura. Este foi o balance do curso 'O Audiovisual e As Industrias Culturais', organizado pola Fundación Carlos Casares, a Universidade de Vigo e o Consorcio do Audiovisual en Celanova e que contou co patrocinio do Concello e da Secretaría Xeral de Medios da Xunta, entre outras institucións.

Pechou o ciclo de conferencias este venres o director xeral da editorial Galaxia, Vítor Freixanes, cun relatorio que levaba por título 'Un imaxinario galego para as Industrias Culturais?'. Antes, na mesma xornada, participaron entre outros Enrique Bustamante, catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade na Universidade Complutense de Madrid, que analizou as Industrias Culturais enfocadas á era dixital en que vivimos.

Recursos audiovisuais interactivos no eido expositivo', 'Música e Audiovisual en Galicia' e 'Crear ficción na TV. Industrias Culturais e novos contidos' foron os outros temas tratados este venres no Mosteiro de San Rosendo de Celanova, nun curso pensado para "achegar ideas", nas palabras do seu director, o profesor e crítico audiovisual Miguel Anxo Fernández.

"Normalización" do audiovisual galego
Entre os profesionais participantes, salientou a presenza do director de RTVE dixital, Eladio Gutiérrez, o director de Filmanova, Antón Reixa, os directores de cine Ángel De la Cruz (Os mortos van á présa) e Ignacio Villar (Pradolongo) ou o actor da serie de TV Os Matalobos Luís Iglesia. Ademais, o mércores proxectouse o documental de creación Flores Tristes, de Teo Manuel Abad, e o xoves, o filme de De la Cruz.

Durante a inauguración oficial do curso, o secretario xeral de Comunicación, Alfonso Cabaleiro, mostrou o seu apoio as industrias culturais con raíz galega, comprometéndose a potencialas institucionalmente. Neste senso, dixo que dende o departamento se promoverán actividades de cara á "normalización" do audiovisual galego.


4,5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Cartaces de 'Os mortos van á présa' e 'Flores Tristes', filmes proxectados no curso
Cartaces de 'Os mortos van á présa' e 'Flores Tristes', filmes proxectados no curso