Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2009

A vivenda galega, a que menos se abarata

Mentres no conxunto do Estado a cotización dos pisos se reduciu un 7,6%, en Galiza non o fixo máis dun 0,5%.

Redacción - 11:45 30/06/2009
Os prezos dos pisos caeron en todo o Estado, mais en Galiza foi onde máis mantiveron a súa cotización

Os prezos dos pisos caeron en todo o Estado, mais en Galiza foi onde máis mantiveron a súa cotización

O prezo da vivenda nova rexistrou, por vez primeira dende que se coñece a estatística, unha taxa de variación anual negativa. Os prezos dos pisos caeron en todo o Estado, se ben as diferencias son ben notábeis nuns e noutros lugares. Mentres que no conxunto do Estado o prezo dos pisos se reduciu un 7,6%, en Galiza a caída foi máis de sete décimas menor, cunha estatística do 0,5%. Así se desprende do Índice de Prezos de Vivenda (IPV), que elabora o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Ademais, se comparamos a cotización dos inmóbeis con respecto ao trimestre anterior (o último de 2008), a caída dos prezos foi do 0,3%, fronte ao 2,7% estatal. É dicir, a constante caída dos prezos na vivenda libre é moito máis pronunciada no Estado Español do que o está a ser en Galiza, tanto se tomamos os datos de xeito anual, como se collemos unha mostra trimestral.

Abaratamento da vivenda de segunda man
Ademais da caída dos prezos dos pisos novos, os de segunda man tamén están cotizándose cada vez máis á baixa. Se ben non temos datos concretos de Galiza, no conxunto do Estado a caída foi do 12,5%, superior aos descensos do 10,7% e do 8,6% colleitados no cuarto e terceiro trimestre de 2008.


Ligazóns

4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: