Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PPdeG, PSdeG e BNG

Puy, Leiceaga e Quintana pedirán no Congreso a transferencia de Tráfico

Tamén, Ruiz Rivas, Leiceaga e Aymerich pedirán en Madrid o voto en urna para os emigrantes

Redacción - 17:45 23/06/2009
De esquerda á dereita: Pedro Puy (PPdeG), Xaquín Fernández Leiceaga (PSdeG) e Anxo Quintana (BNG)

De esquerda á dereita: Pedro Puy (PPdeG), Xaquín Fernández Leiceaga (PSdeG) e Anxo Quintana (BNG)

Os deputados Pedro Puy Fraga (PPdeG), Xaquín Fernández Leiceaga (PSdeG) e Anxo Quintana (BNG) defenderán nas Cortes Xerais do Estado a transferencia a Galiza das competencias complementarias de Tráfico, Circulación de Vehículos e Seguridade Viaria.

Así o aprobaron este martes os tres grupos parlamentarios, polo procedemento de asentimento, na sesión plenaria que se desenvolve até este mércores no Pazo do Hórreo. Os suplentes serán Antonio Rodríguez Miranda (PP), Ismael Rego (PSdeG) e Teresa Táboas (BNG).

A proposición de lei que pide a transferencia de Tráfico aprobouse na pasada lexislatura, e reclama as ademais competencias que permitirán despregar plenamente a Policía Autonómica.

Voto emigrante

A maiores, o popular Manuel Ruiz Rivas, o socialista Xaquín Fernández Leiceaga e o nacionalista Carlos Aymerich serán os que defendan a necesidade de reformar a Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral (Loreg) para que os emigrantes poidan votar en urna.

Como substitutos, quedaron designados Antonio Rodríguez Miranda, Marisol Soneira e Alfredo Suárez Canal, do PPdeG, PSdeG e BNG, respectivamente.

Esta cuestión centrou boa parte do final da lexislatura pasada, sobre todo pola proximidade das eleccións galegas, para as que, finalmente, non foi posíbel reformar a normativa.

Portos

Por outra banda, Agustín Baamonde Díaz, Francisco Cerviño e Bieito Lobeira, por parte de populares, socialistas e nacionalistas defenderán a proposición de lei pola que se demanda a modificación da lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: