Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Após os resultados electorais da pasada semana

Continúan as protestas e a represión en Irán

O presidente electo, Ahmadinejad, reúnese co presidente ruso, nun aceno de normalidade, mentres as rúas están ateigadas de manifestantes.

Redacción - 08:00 17/06/2009
Ahmadinejad na cimeira do Consello de Cooperación de Shangai, en Rusia, antes de se reunir con Dmitri Medvédev

Ahmadinejad na cimeira do Consello de Cooperación de Shangai, en Rusia, antes de se reunir con Dmitri Medvédev

Cinco días despois das eleccións presidenciais en Irán, continúan as protestas nas rúas, desenvolvidas por milleiros de opositores ao réxime de Ahmadinejad, seguidores de Mousavi, que seguen a denunciar a fraude electoral. Durante as protestas faleceron, polo menos, sete persoas.

Por outra banda, as rúas da capital, Teherán, tamén están ocupadas polos seguidores do presidente, que se manifestan para amosarlle o seu apoio a Ahmadinejad. Había anos que este país de Oriente Medio non vivía unha situación de tanta tensión política. Mais, obviando por completo a crise que vive o país que dirixe, Ahmadinejad quixo facer un aceno de normalidade, reuníndose en Moscova co presidente ruso, Dmitri Medvédev, esta terza feira.

Por outro lado, o Consello de Gardiáns da Revolución negouse a recontar os votos das eleccións da pasada sexta feira, como pedían os opositores, mais si accedeu a volver a contabilizar unha parte deles, os de aquelas urnas nas que fora denunciada a fraude, nunha concesión ao dirixente opositor Mousavi. Porén, este volveu insistir en que, a pesar do aceno do Consello, os comicios seguían sen ter validez para el.

Obama négase a mediar, a UE pide unha investigación da suposta fraude
Do outro lado do Atlántico, o presidente dos EUA, Barack Obama, evitou opinar publicamente sobre a lexitimidade dos resultados electorais do Irán, mais declarouse "fondamente preocupado" pola situación do país, e condenou a violencia empregada contra os manifestantes da oposición. Porén, os ministros de Exteriores da UE pedíronlle a Irán que investigue as denuncias de fraude.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: