Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA NOITE DO MARTES

A reportaxe sobre as vacas tolas volve á grella

A Televisión de Galiza emitirá o programa A Caixa Negra que foi retirado da programación a pasada semana sen previo aviso.

Redacción - 11:45 09/06/2009
O programa emitirase na noite do martes

O programa emitirase na noite do martes

Ás once e media da noite do martes. Esa será a hora de emisión do programa A Caixa Negra sobre a temática das vacas tolas que fora retirado da programación a pasada semana sen previo aviso. Logo da polémica xerada entorno a este espazo e das críticas que tanto oposición como diferentes organizacións lanzaron á nova dirección da televisión pública por censura, a web da TVG inclúe o programa na súa grella.

Segundo reza o portal de internet, o programa "parte dunha situación determinada que causou un impacto social especial no pasado e que agora revive (...) analizando os feitos co sosego que dá a distancia". Así, recolle que no espazo presentado por Fernando González "Gonzo" "van ser os propios implicados os que nos fagan partícipes das súas experiencias, ao mesmo tempo que poderemos coñecer mellor o que aconteceu no seu día".

A recentemente nomeada directora do ente público, Rosa Vilas, alegara a pasada semana que o documental podería prexudicar os intereses do sector gandeiro, xa afectado pola crise láctea e a febre porcina e asegurara que a decisión obedecía a un intento de "fuxir do sensacionalismo e non transmitir unha imaxe dunha Galiza negra".


Ligazóns

2.33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: