Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
piragüismo: Campionato Estatal Máster Senior e Sub-23

Teresa Portela e Bouza conseguen unha praza de seu para o Campionato de Europa

José Luis Bouza foi imbatíbel ao conseguir tres primeiros postos en Verducido. Perucho e Cal conseguiron un segundo posto no K-1 500 e no C-1 1.000, respectivamente.

Redacción - 09:00 08/06/2009
Bouza foi o gran triunfador do Estatal

Bouza foi o gran triunfador do Estatal

O protagonista absoluto do Campionato Estatal Máster Sénior e Sub-23 disputado en Verducido (Pontevedra) esta fin de semana foi o padexeiro do kayak Tudense, José Luis Bouza, quen conseguiu tres primeiros postos, asegurándose unha praza de seu no Campionato de Europa, que se desenvolverá o 25 e o 28 de xuño en Brandemburgo (Alemaña). Alén disto, deulle a cuarta vitoria da tempada ao seu clube.

Bouza gañou en C-1 500 metros -unha proba na que David Cal foi terceiro-, no C-1 1.000 metros e no C-2 1.000 metros. Agora deberá decidir en que disciplina quere presentarse no Europeo.

Carlos Pérez Perucho, ouro olímpico en Beixín, foi segundo na proba de K-1 500, e venceu en K-2 500, acompañado de Saúl Craviotto, ante a falta de rivais. Cal, polo seu lado, uniu ao terceiro posto en C-1 500 metros, o segundo en C-1 500.

Podios para os Sub-23
Na regata de C-2 venceron Yeray Picallo, do Club Náutico Firrete; e André Oliveira, do Club Náutico Pontecesures. En segundo lugar ficaron David Maquieira, do Náutico O Muíño de Ribadumia; e David Fernández, do Club de Mar de Avilés.
Na categoría Sub-23 o vencedor en C-1 foi Yeray Picallo, seguido de David Costa, do Kayak Tudense. Na modalidade de K-1 foi segundo Víctor Javier Rodríguez, do Kayak Tudense, e Rodrigo Germade, do Club Breogán d'O Grove.

Pase europeo para Portela
En K-1 500 metros, Teresa Portela, do Club de Mar Ría de Aldán-Hermanos Galdón, impúxose nunha emocionante proba, e conseguiu o seu pase para os Europeos de Brandenburgo.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: