Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POR VEZ PRIMEIRA

Unha muller presidirá o parlamento indio

A elección enténdense como un primeiro paso para mellorar as condicións e a posición social das mulleres, historicamente relegadas na sociedade hindú.

Redacción - 12:00 04/06/2009
Tags: India muller

Meira Kumar foi electa presidenta do Parlamento indiano e converteuse na primeira muller en ocupar o cargo. Ademais, tamén é un feito histórico porque pertence á máis baixa casta da Inida, os Dalit, que nunca acadarán tal posicionamento político. O seu nomeamento foi proposto pola presidenta do partido, Sonia Gandhi, e aprobada por unanimidade polos congresistas. Kumar, avogada de formación, foi ministra de Xustiza Social e xa fora elixida vinco veces para o Parlamento. Presidirá a 543 parlamentarios, dos que 58 son mulleres.

Un país que xa conta con presidenta
Actualmente, as mulleres teñen un papel importante na política indiana, xa que catro dos partidos políticos son liderados por elas e en 2007 o país elexiu a Pratibha Devisingh Patil como Presidenta da República da India.

A India tivo en Indira Gandhi a súa primeira xefa de goberno e actualmente e actualmente Sonia Gandhi leva as rendas da oficialista Alianza Unida para o Progreso (UPA), do mesmo xeito que outras mulleres ocupan postos relevantes a nivel estatal e local, como Mayawati, ministra xefa de Uttar Pradesh. Con todo, o ascenso destas individualidades non significou un cambio, até o de agora, unha melloría real da posición na muller na sociedade hindú, na que aínda é fortemente discriminada.

Segundo a axencia de noticias United News of India (UNI), esta decisión por parte do partido gobernante apunta ao interese en mellorar as condicións e a posición social das mulleres, e agárdase que agora se aprobe o dilatado proxecto de reservarlles unha cota do 30% dos escanos do Parlamento e das Asembleas Estatais.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: