Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Malia o retroceso interanual

Os prezos chimpan un 1% o último mes

Transporte, lecer e téxtil experimentan incrementos, ao tempo que baixa a vivenda.

Redacción - 11:45 13/05/2009
Tags: IPC prezos

Vestido e calzado experimentaron en abril un incremento do 8,1%, rexistrando o maior aumento de prezos en Galiza no último mes. Á beira, a media de subas no transporte foi dun 1,4% e no apartado de lecer e cultura, dun 1,1%. Na outra beira, a principal caída dos prezos correspóndelle á vivenda, -2,3%, e aos alimentos e bebidas non alcohólicas, -01%.

Así e segundo o Índice de Prezos ao Consumo (IPC), o incremento en abril con respecto ao mes de marzo foi dun 1% en Galiza. Con todo, en comparación co mesmo mes do ano anterior, os prezos caeron un chisco, -0,6%. A nivel estatal, ese balance dos últimos doce meses só amosa un maior descenso de prezos en Castela-A Mancha (-1,2%) e Castela e León (-0,7%). No que respecta ao que vai de ano, os prezos caeron entre xaneiro e abril un 0,4%, descenso só maior en Castela A Mancha (-0,6%) e Canarias (-0,5%).

Por provincias, en abril só A Coruña se mantivo por debaixo da media do país, ao encarecerse un 0,9% a cesta da compra, mentres que o maior aumento se produciu en Lugo (1,2%). A continuación figuran Ourense (1,1%) e Pontevedra (1%). No último ano, os prezos diminuíron en todas as provincias a excepción d'A Coruña, onde se mantiveron estábeis.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: