Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Berros e cánticos no Congreso dos EUA

¡Viva Puerto Rico libre!

Deteñen media ducia de portorriqueños que interromperon a sesión da cámara estadounidense con lemas a prol da independencia da illa.

Redacción - 13:00 07/05/2009

Seis portorriqueños foron detidos esta cuarta feira logo de realizar unha protesta pacífica a prol da independencia de Porto Rico nas bancadas do Congreso dos EUA, en Washington. A illa, que logo da Guerra Hispanoamericana de 1898 pasou a mans estadounidenses como botín de guerra, ten dende 1952 os estatus de Estado Libre Asociado.

Os manifestantes, que entoaron unha canción patriótica e enarboraron varias pancartas en que denunciaban a situación colonial de Porto Rico, foron arrestados case de inmediato por axentes de seguridade do Capitolio e conducidos a un lugar descoñecido. A protesta, que non durou máis dun minuto, coordinouse co apoio da diáspora portorriqueña no país norteamericano, segundo asegurou dende Washington o cantante e actor boricua Carlos Esteban Fonseca, en comunicación telefónica coa axencia de noticias Prensa Latina.

Os manifestantes lograron acceder ás bancadas do Congreso utilizando pases facilitados polo delegado de Porto Rico no Congreso estadounidense, Pedro Pierluisi, que lamentou o incidente nun comunicado, informa Associated Press.

En 1954, cinco independentistas atacaron a tiros o Capitolio, acción pola que tiveron que cumprir máis de 25 anos de cárcere en prisións estadounidenses.


4,27/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: