Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ESTREA NA INTERNET

Cerceda fomenta a participación veciñal na súa nova web municipal

A páxina web potencia os contidos multimedia e engade unha sección destinada ás persoas que se atopan emigradas.

Redacción - 17:00 22/04/2009

O Concello de Cerceda presentou este mércores a súa nova web municipal. Baixo o enderezo Cerceda.org, a páxina renóvase e introduce novos servizos para a cidadanía, baixo o lema Cerceda crea futuro. Da renovación da páxina encargouse a empresa Acordar Comunicación.

Ademais das seccións de noticias, axenda e un apartado de avisos administrativos, inclúese información de tipo turístico e cultural. Incorpórase, por outra banda, unha sección dedicada á administración electrónica, para facilitar os diferentes trámites con indicacións de todos os pasos e documentación necesarios, ademais dos formularios correspondentes.

Pero as principais apostas da web municipal de Cerceda contan con cadanseu subdominio. Por unha banda, a páxina dedicada a un dos principais centros de recepción de visitantes do municipio, o Aquapark, e, por outra, un apartado dedicado á emigración, Cerceda no mundo, con galerías de imaxes e un libro de visitas para que os cercedenses do mundo deixen as súas mensaxes.

O apartado multimedia tamén acada unha cota de importancia na web de Cerceda. Así, incorpora ligazóns para ver en liña os informativos da televisión municipal e escoitar en directo a radio pública. Galerías fotográficas relacionadas co concello, como as festas de entroido ou unha lembranza á revolta das Encrobas completan o apartado gráfico.   


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: