Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despois de que Obama suavizase as relacións con Cuba

Fidel Castro lamenta que o presidente dos EUA non terminase de cheo co bloqueo

Obama ordenou poñerlle fin ás restricións de viaxar e ao envío de diñeiro ao país caribeño. Porén, o ex mandatario cubano laiouse de que non terminase co embargo.

Redacción - 08:00 14/04/2009
'12 horas de bloqueo equivalen a toda a insulina anual necesaria para os 64 mil pacientes do país' / Flickr: stml

'12 horas de bloqueo equivalen a toda a insulina anual necesaria para os 64 mil pacientes do país' / Flickr: stml

O presidente dos EUA, Barack Obama, continúa marcando a axenda política do seu país. Esta segunda feira anunciou que vai levantar algunhas das restricións impostas aos seus cidadáns para viaxar e enviar paquetes ou diñeiro a Cuba, algo prohibido dende hai 40 anos. Obama participa esta semana, ademais, na Cimeira das Américas, en Trinidade e Tobago, e é posíbel que anuncie máis pasos na normalización das relacións internacionais con Cuba.

Fidel Castro láiase de que "do bloqueo non se dixera nin palabra"
Porén, ao coñecer a noticia o ex presidente cubano, Fidel Castro, laiouse de que a fin do embargo decretado hai 40 anos non entre, de momento, nos planes do presidente dos EUA. Nunha súa columna que saíu de madrugada, hora galega, no xornal Granma, titulada Del bloqueo no se dijo ni una palabra (Do bloqueo non se dixo nin palabra), Castro mantense fime ao sinalar que "Cuba resiste e resistirá", e que "non estenderá xamais as mans pedindo esmola". Nesta liña, Fidel Castro continúa dicindo que Cuba "non aplaude as mal chamadas Cimeiras de las Américas, onde os nosos países non discuten en igualdade de condicións. Se de algo servisen, sería para facer análises críticos de políticas que dividen os nosos pobos, saquean os nosos recursos e obstaculizan o nosos desenvolvemento". A "reflexión" de Fidel termina sinalando que a illa ha "seguir adiante coa fronte en alto, cooperando cos pobos irmáns de América Latina e o Caribe, haxa ou non Cimeiras das Américas, presida ou non Obama os EUA, un home ou unha muller, un cidadán branco ou un cidadán negro", recalca.

Aínda que neste sei artigo Castro si aplaude a iniciativa de Obama, de suavizar as relacións con Cuba ("o alivio das odiosas restricións"), lembra, máis unha vez, que "do bloqueo, que é a máis cruel das medidas, non se dixo palabra", apelando a que se trata dunha "medida xenocida", que ten consecuencias alén das económicas: "constantemente custa vidas humanas e ocasiona sufrimentos dolorosos aos nosos cidadáns". Nesta liña, cita as voces que dende os EUA e dende todo o mundo piden a fin do embargo e insiste en que "están creadas" as condicións para que Obama "empregue o seu talento nunha política construtiva que lle poña fin á que fracasou durante case medio século".


Ligazóns

2.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: