Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Máis de 20 detidos e varios feridos

Falece unha persoa nas protestas contra o G20 en Londres

A mobilización desenvolveuse na City, o centro financeiro da capital do Reino Unido. O finado caeu ao chan durante a marcha.

Redacción - 08:00 02/04/2009

Un home, duns 30 anos, morreu tras caer ao chan, durante as manifestacións de protesta contra a cinmeira do G20, que se desenvolveron na tarde da cuarta feira na City, o centro financeiro de Londres. Ao parecer, e segundo informou Scotland Yard a través dun comunicado, unha testemuña presencial dixo que o home parecía ter morto por causas naturais.

O suceso produciuse un día antes de que comece a cimeira, mentres milleiros de persoas marchaban no centro financeiro londiniense para expresar o seu rexeite ás consecuencias dos sistema capitalista. Ao berro de "abolición do diñeiro" e "morte aos banqueiros", unhas cinco mil persoas, baixo a bandeira do G20 Meltdown -referente á catástrofe que se produce ao se fusionar un reactor nuclear-, os manifestantes tentaron romper o cerco policial na zona privilexiada dos bancos, compañías de seguros e outras entidades financeiras, a Square Mail. Algunhas das fiestras das sedes destas compañías estaban xa preparadas, con táboas de madeira e outros obxectos atrancándoas. Moitos dos traballadores do centro financeiro deixaron de ir traballar esta cuarta feira, sabendo do que había pasar.

Os protagonistas da marcha foron os catro xinetes da apocalipse, nunha versión en cartón (isto é, os delitos financeiros, a guerra, o cambio climático e a falta de vivenda). Ao chegaren os manifestantes á sede do Royal Bank of Scotland -entidade que foi rescatada polo goberno de Gordon Brown-, un grupo de persoas entrou a ocupala, escachando os cristais e chegando mesmo ao tellado. Na mesma zona, a policía detivo uns manifestantes que ían vestidos con uniformes iguais aos deles, e subidos nun vehículo militar blindado. Nesta primeira protesta foron detidas, polo menos, 23 persoas.


Ligazóns

5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: