Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A sucesión de Quintana

Beiras: "Non sei por que se fala de nomes dos que nada se dixo dentro do BNG"

O líder do Encontro Irmandiño foi asediado pola prensa antes dun acto, en Vigo. Porén, non dixo ren sobre os candidatos a seren o voceiro nacional do partido nacionalista.

Redacción / EP - 08:00 27/03/2009
O líder do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras

O líder do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras

O líder do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras, eludiu, máis unha vez, dar nomes e facer valoracións sobre os candidatos a voceiro nacional do BNG, xa que sería, segundo dixo, "entrar nun xogo que estraga a todos os partidos políticos, e, en certa maneira, causou moito prexuízo no BNG".

Arrodeado polos xornalistas, antes de asistir a un acto coa militancia en Vigo, Beiras tampouco quixo pronunciarse sobre a posibilidade de que sexa Carlos Aymerich quen dirixa o partido. Porén, si sinalou que non sabe "por que se fala de nomes dos que eu non oín falar dentro do BNG", para despois dicir que non ía dar "nin unha palabra máis" sobre os probábeis candidatos a suceder a Anxo Quintana.

Nesta liña, considerou que se lle estaba a preguntar por "cuestións secundarias", ao tempo que engadía que, segundo o deseño da formación frontista, todos os órganos de dirección son colexiados, e "mesmo o voceiro nacional está deseñado por un primum inter pares, e non como un secretario xeral do partido". "Isto é o que temos que recuperar", acrecentou, ao respecto dunha nova etapa no Bloque que el mesmo leva tempo reclamando.


4,54/5 (13 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: