Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Correspóndelle por idade

O Parlamento Europeo impedirá que Le Pen presida a sesión inaugural

Verdes/ALE e PSE propoñen a modificación do regulamento interno da Cámara, que conta co apoio do PPE.

Redacción - 17:00 26/03/2009

Os grupos parlamentarios Verdes/ALE (coalición de ecoloxistas e nacionalistas) e PSE (socialdemócratas) propuxeron esta cuarta feira a modificación do regulamento interno da Eurocámara para evitar que o ultradereitista Jean-Marie Le Pen presida a sesión inaugural do hemiciclo no mes de xullo.

Tradicionalmente, correspóndelle esta honra ao eurodeputado de maior idade, que con toda probabilidade será o líder da Front National francesa, de 81 años, logo das lexislativas da primeira semana de xuño.

En resposta ás críticas polos seus comentarios negacionistas ao respecto dos crimes nazis, Le Pen -condenado xa en dúas ocasións polo mesmo motivo- volveu reiterar en sede parlamentaria que "as cámaras de gas foron un detalle da historia da Segunda Guerra Mundial".

O grupo dos Verdes/ALE propuxo como alternativa que sexa o eurodeputado máis novo o que presida a sesión inaugural. A iniciativa conta co apoio do PPE (conservadores).


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: