Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segunda folga xeral en dous meses

Masiva saída á rúa en Francia contra as receitas económicas de Sarkozy

A reivindicación de máis medidas sociais une as forzas sindicais fronte ao executivo.

Redacción - 10:00 19/03/2009

A petroleira Total vén de anunciar en Francia un despedimento masivo que lle afecta a máis de medio milleiro de empregados e que, paradoxalmente, coincide cunha cifra récord de beneficios para a empresa, que ingresou 14 mil millóns de euros o ano pasado.

É un exemplo do caldo de cultivo no medio do cal os traballadores franceses decidiron botarse á rúa outra vez apenas unhas semanas despois de paralizaren o país con outra folga xeral. O pasado 29 de xaneiro xa saíran ás rúas máis dun millón de cidadáns. A diferencia doutras economías europeas, a francesa aínda non entrou formalmente en recesión, malia que o faría de xeito inminente e o agoiro oficial do goberno é dunha contracción do 1,5% a final de ano, coa perda de máis de 300 mil empregos ao cabo de 2009.

Hai uns días, os líderes sindicais volvían sentar co equipo de Sarkozy e insistíanlle na necesidade dun xiro "social" das políticas do executivo. Malia todo, a receita do goberno francés para este período pasa por plans para a eliminación de emprego público e o recorte de impostos que, acusan os sindicatos, só favorece as clases máis altas. O compromiso no eido da protección social aos sectores "máis vulnerábeis" por valor de 2.600 millóns de euros expresado polo gabinete francés é insuficiente a xuízo dos axentes sindicais, que esixen viraxes políticas estruturais máis ambiciosas no canto de parches. Ao tempo, repróchanlle a Sarkozy a lentitude ou o incumprimento no impulso dalgunha das promesas realizadas.   

Recomendámoslles ampliar en:


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: