Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Pese a sentencia da UE

O Ministerio de Medio Ambiente, MR e MM agocha información sobre os transxénicos

Diante das últimas peticións de ensaios con transxénicos nos concellos de Arzúa, Santa Uxía de Ribeira, Mesía, Vilalba e Chantada, e á vista da recente sentenza do Tribunal Eurpoeo de Xustiza, respaldando o dereito da cidadanía a coñecer a ubicación dos cultivos de OMXs, ADEGA solicitou ao Ministerio coñecer a localización exacta destas parcelas en Galiza.

ADEGA - 11:50 06/03/2009
Tags:

Sorpresivamente, o Ministerio respostou indicando que esa información xa é pública, mais só fai referenza aos concellos e comunidades, resultando imposíbel a calquera cidadán ou labrego coñecer se preto da súa leira hai plantacións de millo transxénico. Na súa resposta, o Ministerio vulnera o dereito á información e desoe as recomendacións da sentenza europea, polo que ADEGA volta a demandar do departamento da Sra. Espinosa os datos exactos. TEMOS DEREITO A SABER! (Solicitude información TRANSXENICOS (22 KB))
 
Por outra banda, non todo son malas novas na loita contra os trasxénicos. Este pasado día 2 de marzo, os ministros/as de Medio Ambiente da UE rexeitaron a proposta da Comisión de levantar a moratoria aos transxénicos vixentes nalgúns estados. Deste xeito,  Hungría pode seguir mantendo a prohibición de cultivar o millo MON 810 de Monsanto e Austria impedir a entrada no seu agro deste MON 810 e do T25 da Bayer, alén doutras moratorias que se manteñen.

Esta importante decisión contou co apoio do governo español !!!, sorprendente contradición xa que España é un dos estados con maior superficie cultivada con transxénicos da UE: 73453 Ha segundo o Ministerio (31.857 ha en Aragón; 25.298 ha en Cataluña; 10.416 ha en Extremadura; 5.150 ha en Navarra, 4.739 ha en Castela-A Mancha; 1.372 ha en Andalucía e 381 ha en Madrid). Será que a Ministra coida suficiente que España sexa o maior sumidoiro xenético de Europa?


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: