Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MÁIS DE 2000 CABECEIRAS HISTÓRICAS

Un kiosko na rede

O Ministerio de Cultura dixitalizou centos de xornais, once deles galegos, como 'El Progreso' ou 'A Voz do Pobo', que se poden consultar libremente.

Redacción - 14:00 04/03/2009

'Muerto Franco: El pueblo decide en la calle', podíase ler o 15 de novembro de 1975 en A Voz do Pobo, órgano do PCG. Este número e todos os demais que compoñen a colección completa da publicación poden consultarse libremente na páxina do Ministerio de Cultura. A súa Biblioteca Virtual de Prensa Histórica ofrece máis de dúas mil cabeceiras dende o século XVIII, once delas galegas. Están, ademais do devandito xornal comunista, a colección completa de El Progreso, e mais as de La aurora del Miño: Periódico de intereses morales y materiales (1857), Boletín Oficial de la provincia de Orense (1834), El Correo de Lugo: Periódico de intereses morales y materiales (1860), El diario de Lugo: Periódico político y de intereses generales (1876), Extracto de literatura: Semanario dosimétrico ilustrado (1893), El Hermandino: Periódico bisemanal (1882), El Independiente: Periódico liberal (1869), Liberación: Periódico mural de la III Agrupación (1948) e La Provincia: Diaro de información y de intereses generales (1923).

Nos vindeiros meses incorporaranse El Noroeste (1902-1917), El Orzán (1918-1931), La Coruña Moderna (1905-1907) e La Hoja del Lunes (1937-1983), cedidos pola Asociación da Prensa da Coruña. A páxina foi presentada na sede da Asociación da Prensa de Madrid polo ministro de Cultura, César Antonio Molina, o presidente dos periodistas madrileños, Fernando González Urbaneja, e o da Asociación da Prensa da Coruña, Manuel González Menéndez. Pódense consultar máis de catro millóns de páxinas, e destaca en particula a colección de publicacións do PCE, un total de 244 cabeceiras editadas non só en España, senón tamén en Alxeria, Colombia, Francia, Italia, Marrocos, Rusia, México e Venezuela.

Outros xornais históricos na rede, nas webs de RAG, CCG e CIRP
Na rede pódense consultar de balde outras cabeceiras históricas galegas. Por exemplo, o Consello da Cultura dixitalizou El Catón Compostelano e nos vindeiros meses colocará na súa web a edición facsimilar do Diario de Santiago, do Diario de la Coruña, do Telégrafo Político y Literario de la Coruña e da Gazeta de la Coruña. Na páxina do Centro Ramón Piñeiro pódense consultar Galicia. Revista semanal ilustrada, Mundo Gallego, Lar Galician, Alalá, Alborada, Alén Mar, Suevia, Alma Gallega, Galicia (Revista del Centro Gallego), Universitarios (Revista da F.U.E.), La Unión Gallega, Yunque (Periódico de vanguardia política), Galicia Nueva, Arazua, Raza Celta, Airiños d'a miña terra, Galicia. Revista do Centro Galego, Eco de Galicia, Aires d'a miña terra, Cristal ou Resol, entre outras publicacións, principalmente editadas na colectividade galega na emigración.

Na páxina da Real Academia Galega
podemos ler as centenarias páxinas de Alento, El Avisador santiagués, Brisas y tormentas, El Conciso correo de Galicia, El Dia de fiesta, La Esposicion compostelana, A Fuliada, El Heráclito español y Demócrito gallego, El Idólatra de Galicia, La Ilustración de Galicia y Asturias, Ilustración gallega, Luz: revista semanal ilustrada, Marineda, Murmullos literarios, El Patriota compostelano, El Recreo compostelano, Revista galaica, Revista gallega, Revista jurídica y administrativa de Galicia, Semanario instructivo ou La Situación de Galicia.


5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: