Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PRESIDENTE DO PEDRÓN DE OURO

Falece Avelino Abuín de Tembra

O galeguista, nacido en Dodro hai 78 anos, deixa unha importante obra xornalística e numerosos ensaios.

Redacción - 18:45 02/03/2009

Avelino Abuín de Tembra faleceu esta madrugada en Santiago de Compostela. En 1964 foi un dos fundadores do Pedrón de Ouro, que entrega este premio e tamén o Modesto Figueirido, e dende hai quince anos era o seu presidente. Deixa unha cuantiosa obra xornalística, que suma máis de oito mil artigos en publicacións galegas, españolas e de América Latina; na actualidade continuaba escribindo no xornal Galicia Hoxe.

Deixa tamén numerosos ensaios, moi especialmente sobre Rosalía de Castro, da que publicou varias biografías e antoloxías; ademais, dende o seu traballo na Comisión de Cultura da Fundación Rosalía de Castro creou unha rota literaria sobre a poeta. Na súa vida traballou como xornalista en varios medios de comunicación; e por exemplo entre 1954 e 1958 viviu en Lisboa para exercer como correspondente da prensa galega en Portugal. Militou no Partido Galeguista en varios períodos da historia desta formación.


4.47/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: