Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CC0

Creative Commons lanza a licenza máis libre

Permitirá renunciar a todos os dereitos sobre unha obra e liberala ao domino público, con validez internacional.

Redacción - 18:40 27/02/2009
Flickr: candiedwomanire

Flickr: candiedwomanire

Creative Commons acaba de lanzar un novo tipo de licenza, CC0 (Creative Commons Cero), despois de algo máis dun ano de preparación. Esta licenza supón que a persoa autora dunha obra determinada renuncia a todos os dereitos sobre a mesma, mesmo ao recoñecemento de autoría. Isto supón, dalgún xeito, unha adaptación internacional do Dominio Público, figura que só existe nalgúns países, como nos EUA.

Para obter esta licenza, hai que seguir os mesmos pasos que con calquera das outras Creative Commons: visitar a páxina da organización e introducir a información sobre a obra que se quere licenciar. A diferenza é que para optar a unha CC0 haberá que aceptar e entender os termos da licenza, ademais de clicar na renuncia aos dereitos de autor, o que supón a sinatura dese contrato.

As vantaxes desta licenza fronte ao Dominio Público son que é legalmente válida en estados onde non existe esa figura, como o Estado Español, e que pretende deixar máis claro o seu cometido mediante unha icona recoñecíbel. Non parece que esta licenza vaia ter un uso moi amplo, aínda que abre unha posibilidade a todas as persoas que desexen liberar completamente as súas creacións.


5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: