Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Destaca a redución de custes

O presidente do Clúster do Naval presume da fortaleza dos estaleiros de Vigo fronte á crise

Xosé Domínguez salienta que actualmente están a construír 55 barcos e teñen a lista de pedidos chea deica 2012.

Redacción - 09:00 24/02/2009
Os estaleiros de Vigo gozan de boa saúde, di Domínguez

Os estaleiros de Vigo gozan de boa saúde, di Domínguez

"Estamos a atravesar un bo período que nos ha permitir permanecer a flote aínda que a crise estea a afectar outros sectores", afirma Xosé Domínguez, presidente da Asociación do Clúster do Naval, en declaracións AFP, a axencia de noticias francesa que achega información a medios de comunicación en multitude de países.

Actualmente, os estaleiros de Vigo teñen a lista de pedidos completa deica 2012, algúns até 2014, e está a construír 55 barcos. "Os contratos actuais asináronse en 2006-2007, no momento da grande auxe da construción de buques en todo o mundo", explica Domínguez, tamén director financeiro de Factorías Vulcano.

Aínda que en 2008 o número de contratos se reduciu, o presidente do Clúster non se mostra preocupado xa que, comenta, o sector xa pasou crises na década de 1980 e "fomos capaces de reorientar os nosos negocios".
"Axiña advertimos a competencia dos estaleiros asiáticos, especialmente en Corea, que ten custes de produción baratos e son quen de producir 20 buques de mercadorías normais da liña de produción. Así que decidimos especializármosnos", di.

Vigo conta con nove estaleiros de tamaño medio, todos privados, que producen barcos especializados con equipamento de alta tecnoloxía, como por exemplo, buques para transportar produtos químicos ou tóxicos, ou iates de luxo. "Ao contrario que os coreanos, os nosos barcos están feito á medida dos nosos clientes" principalmente noruegueses, alemáns e italianos.

Mesmos traballadores, menos custes
Ademais, salienta que os estaleiros reduciron custes. "Agora, como hai 25 anos, arredor de sete mil persoas operan nos estaleiros de Vigo. A diferenza e que na actualidade só 750 están fixos. Os outros traballan por obra", comenta Domínguez. E o sector aínda precisa de máis: 1.500 contratos o ano pasado, e outro milleiro poderían chegar este.

"Mais non queremos crear falsas esperanzas", asegura Domínguez. "Non é unha cuestión de traballo automatizado, procuramos operarios cualificados, con experiencia no sector a ser posíbel". Con este fin, organízanse cursos de formación para traballadores deste motor de crecemento da economía galega en tempos de crise global, informa AFP.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: