Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Forest Stewardship Council retira ás filiais de ENCE a certificación forestal sustentábel

Cancelación definitiva do certificado FSC a NORFOR

 O Consello da Certificación Forestal, máis coñecido polas súas siglas en inglés FSC (Forest Stewardship Council), vén de retirar definitivamente o certificado de xestión forestal sustentábel tanto a Norfor como a Silvasur, filiais forestais do grupo ENCE.

ADEGA - 17:59 10/02/2009
Tags:

O selo FSC pretende introducir criterios de sustentabilidade na xestión forestal. A súa retirada ás filiais de ENCE é a culminación dun longo proceso de denuncia e reclamación iniciado por varios grupos ecoloxistas galegos e do resto do estado. Hai dous anos e medio ADEGA, ADENA, APDR, Greenpeace e Verdegaia, entre outros, iniciamos unha reclamación formal na que denunciabamos as malas prácticas forestais das madeireiras de ENCE, comprometendo a credibilidade do selo. No caso de Norfor as malas prácticas denunciadas refírense ao emprego de herbicidas prohibidos, plantacións monoespecíficas de crecemento rápido (eucalipto), subsolado profundo dos terreos forestais (arado salvaxe e desbrozado das fincas forestais), xunto coa falta de información acerca da xestión forestal ás entidades interesadas e mesmo ocultación da ubicación das parcelas certificadas.

A cancelación definitiva do certificado acontece escasos meses despois da suspensión provisional decretada polo Consello e culmina un longo proceso que, ao noso entender, fará recuperar en boa medida a confianza no selo FSC. Sen embargo, as empresas que se adican ás plantacións forestais intensivas no estado español, representadas principalmente polas que fabrican de pasta de papel, están propugnando unha reforma de FSC para reducir os requisitos ambientais através da modificación do Principio 10 que regula as plantacións forestais.

ADEGA e outros grupos ecoloxistas xa amosamos o noso desacordo con esta nesta reforma, que engade incertidume a FSC, e así o exporemos na próxima asemblea de FSC-España. É preciso que non se valeire de contido ambiental o Principio 10 porque para que o selo FSC sexa garantía dunha xestión forestal sustentábel necesita do apoio dos grupos ecoloxistas. Até o de agora, a certificación FSC é líder mundial en Certificación Forestal e o único selo que introduce criterios ambientais na súa xestión. Os grupos ecoloxistas queremos que siga sendo así xa que o outro selo, a Certificación Forestal Paneuropea (PEFC), non aporta suficientes garantías ambientais e só supón un lavado de imaxe para a industria forestal máis depredadora e unha fraude para os/as consumidores.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: