Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CAMBIO DE POLÍTICA

Os EUA autorizan a investigación con células tronco embrionarias

Os estudos, que bloqueara George Bush amparándose en motivos morais, aplicaranse a pacientes con danos severos na medula espiñal.

Redacción - 19:05 23/01/2009

A nova administración Obama xa amosou un cambio con respecto ao goberno de George Bush no referente á investigación científica. A FDA, axencia que regula o uso de alimentos e produtos farmacéuticos nos EUA, estabeleceu o procedemento para facer ensaios con células tronce de orixe embrionaria.

Os investigadores poderán ensaiar con estas células para curar pacientes con danos na medula espiñal. O anterior presidente estadounidense bloqueara este tipo de probas por motivos morais. Barack Obama xa anunciara durante a campaña electoral que apoiaría as investigacións.

O presidente da compañía autorizada Geron Corporation, Thomas Okama, explicou na CNN que os ensaios poderían comezar no verán. Os beneficiarios serían pacientes con parálise severa derivada de danos irrecuperábeis na medula espiñal, que se cre que se podería reconstituír co uso das células tronco.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: