Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
XORNADAS "SEXUANDO"

Vigo anímase estes días a falar de sexo

Destacados expertos en educación sexual falarán durante dous días dos elementos que compoñen o vencello existente entre mocidade e sexualidade.

Redacción - 12:50 23/01/2009
Imaxe do acto de inauguración das xornadas

Imaxe do acto de inauguración das xornadas

O Verbum de Vigo será escenario de Sexuando, un encontro que se desenvolverá os días 23 e 24 de xaneiro ca intención de fomentar un intercambio de ideas á volta da sexualidade e a súa normalización dentro da sociedade, procurando contribuír con estes espazos de debate á creación dun pensamento sexolóxico.

As xornadas comezan coa charla da escritora francesa Valerie Tasso, autora de obras como Diario dunha ninfómana, Paris la nuit ou o Antimanual do sexo. Despois celebraranse mesas redondas e debates onde participarán especialistas chegados de diferentes universidades, educadoras sexuais, sexólogas, profesores, investigadores, psicólogos e responsábeis doutros centros de asesoramento e orientación sexual espallados polo estado.

Estes programas son organizados pola Rede Galega de Centros Quérote de Asesoramente Afectivo-Sexual, impulsada dende a Vicepresidencia da xunta mediante o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Quintana inaugurou as xornada
O Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, participou na inauguración das xornadas "Sexuando". Alí anunciou a ampliación do programa Quérote, que levará na próxima lexislatura os centros de atención e orientación sexual as vilas de tamaño intermedio. Quintana, aproveitou o acto para lembrar que os sete centros en marcha Galiza mesmo supera o nivel recomendado pola Organización Mundial da Saúde, que insta a abrir un centro por cada 100.000 mozos e mozas de entre 10 e 24 anos.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: