Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DATOS DA EPA

A taxa de paro achégase ao 10%

O desemprego aumentou un 33,6% en relación co ano anterior, co que o número total de desempregados situouse en 129 mil persoas.  

Redacción - 10:15 23/01/2009

No conxunto de 2008, o paro aumentou en 32.500 persoas en Galiza, un 33,6% en relación ao ano anterior, co que o número total de desempregados situouse en 129 mil. Así, a taxa de paro sitúase no 9,74%, unha das cifras máis baixas de todo o estado e que supón un ascenso de máis dun punto (no trimestre anterior a taxa situábase no 8,47%). Son os datos da última Enquisa de Poboación Activa (EPA) feita pública polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Ademais, entre outubro e decembro, o volume de ocupados descendeu en 19.400 persoas respecto ao terceiro trimestre de 2008, mentres que os desempregados aumentaron en 16.500 persoas, é dicir, un 14,72% máis.

Menor subida que no Estado Español
A taxa de paro do conxunto do Estado sitúase no 13,91%. É dicir, o paro aumentou en 1.280.300 persoas en todo 2008, un 66,4% máis que no ano anterior, co que o número total de desempregados se situou en 3.207.900 persoas.

No conxunto do exercicio de 2008, destruíronse 620.100 empregos, un 3% menos, co que o número total de ocupados volveu a situarse por baixo da barreira dos 20 millóns de persoas. Ademais, o desemprego aumentou máis entre os homes que as mulleres: o paro feminino medrou un 44,9%, mentres que o masculino o fixo nun 92%.


Ligazóns

1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: