Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
A WEB NO IDIOMA

Gmail sabe galego, pero non quere falalo

O servizo de correo de Google detecta e ofrece publicidade na nosa lingua, pero non ofrece a posibilidade de usala na súa interface.

Redacción - 09:00 21/11/2008
Estado de tradución ao galego da interface de Google

Estado de tradución ao galego da interface de Google

Aínda que Google non ofrece todos os seus servizos en galego, nin deu datas concretas sobre a súa posta en marcha na nosa lingua, é ben consciente da súa existencia. Así, se usamos o seu servizo de correo electrónico, Gmail, podemos comprobar que a publicidade contextual detectará se estamos a recibir ou escribir mensaxes en galego. En conversa con Vieiros, un representante do xigante internáutico non confirmou que a opción fose a ser dispoñibilizada a curto prazo.

A empresa estadounidense dispón de versión na nosa lingua do seu buscador xeral, do de imaxes, dos mapas e do directorio, mais non do resto dos seus servizos. Aínda que os propios usuarios poden -e deben- traducir voluntariamente as cadeas de texto, o certo é que algúns dos servizos web con todas as mensaxes trasladadas completamente ao galego dende hai tempo non se poden usar no noso idioma.

O feito de que inclúa publicidade en galego, e sexa capaz de recoñecer os textos que están na nosa lingua e non noutra, dá que pensar por que non se ofrece, por exemplo, Gmail en galego. Acaba de incorporar novas cores e temas, e segue sumando novos idiomas, mais o noso segue agardando.

Paradoxalmente, o Gmail si conta coa interface traducida á nosa lingua, malia non estar dispoñíbel. Hai tres anos, e dúas horas despois de que Vieiros publicase unha nova chamando a atención sobre a ausencia desa tradución, internautas do país metéronlle man ao asunto e completaron daquela a tradución en tempo récord.


5/5 (14 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: