Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Até o domingo 23 en Silleda

Unha Semana Verde minguada pola crise e a indiferenza das administracións

O Goberno mantén a incógnita sobre o futuro do proxecto e non aclara se irá inserido na estratexia global para o medio rural do país.

Redacción - 09:00 19/11/2008

En data atípica, con entrada a prezo reducido, menor custo para expositores e con apenas a metade de empresas participantes respecto á edición do ano pasado, comeza este mércores 19 en Silleda unha nova edición da Semana Verde. Con todo e malia o escenario de crise falaba aínda esta semana o conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, da posibilidade de que a feira internacional acade de igual xeito o volume de negocio conseguido hai un ano.

Con todo, a propia presidencia do organismo, asumida polo responsábel de Presidencia e levando ao segundo plano ao departamento de Medio Rural, é exemplo da incapacidade da Xunta para acordar unha estratexia de futuro para o recinto toda vez que o "punto de inflexión" para o proxecto vén sendo anunciado reiteradamente desde o cambio de goberno en 2005. A última promesa pasa pola designación do novo director xeral do ente, a realizar antes de fin de ano. Con todo, representantes das formacións sindicais agrarias do país advirten de que, despois da saída de Xosé Maril, a chegada doutra persoa ao liderado da iniciativa "non terá efectos máxicos". Nese sentido, chaman a unha redefinición "seria e en profundidade" do proxecto que o converta en referente real para o sector agrogandeiro do país.


3,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: