Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
BALANCE

O que saíu da Feira de Artes Escénicas

Organizada pola AGADIC en outubro, pechou a contratación de 143 espectáculos galegos en España e Portugal.

Redacción - 11:25 06/11/2008

Cada un fala da feira como lle foi nela, disque. E desta feira fálase ben: aumentou un 81% o seu número de obras contratadas, de xeito que 18 compañías galegas de teatro e danza acordaron un total de 143 representacións para os vindeiros meses.

As compañías e montaxes que accederán por esta vía a escenarios, programacións, festivais e redes escénicas de fóra de Galicia son Acontrabutaca con 13 funcións de Robin Hood, Artello con 6 de Pulgarcito, BStudio con unha de Sono Silente, Berrobambán con 12 de Boas noites, Carlos Blanco-Abada con 2 de Africanízate, Entremáns con 11 funcións (9 de Vén e outras 2 de El Buey solo bien se lame), Galitoon con 2 de Golulá, Matarile con 12 de Animales artificiales, Nova Galega de Danza con 12 de Tradicción, Pt Excéntricas con 4 de No coment, Sarabela con 2 de Dáme veneno, Talía Teatro con 2 de ¿Y tú quién eres?, Teatro D2 con 2 de Flores migratorias, Teatro de Ningures con 2 de Bailadela da morte ditosa, Teatro do Atlántico con 1 de Unha primavera para Aldara, e Teatro do Morcego con 50 funcións (26 de O club da calceta e outras 24 de Os patios da memoria), Teatro do Noroeste con 2 de Extrarradios e Trompicallo con 6 funcións de Bolboreta.

A Comunidade Valenciana (2), Madrid (21), Andalucía (1), Murcia (2), Castela e León (4), Castela-A Mancha (2), Euscadi (15), Aragón (35) e Cataluña (48) son as comunidades autónomas que en maior número contrataron obras galegas. A feira ofrecía bonificacións e descontos de até o 40 por cento para teatros e auditorios públicos ou privados non galegos, e entidades organizadoras de festivais, certames ou feiras.

Tamén dende Portugal diversas institucións e organismos contrataron obras galegas, pero nun número moi inferior ao volume do Estado Español. As compañías galegas realizarán doce representacións ao sur do Miño: en Estarreja, Moita e Porto, no marco do Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica, onde actuarán Matarile con Animales Artificiales, e Nova Galega de Danza con Tradicción.


Ligazóns

5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: