Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Un Julgado de Ponferrada abre dilixencias

Un oso pardo morre atropelado perto dos Ancares

Un oso pardo morreu esta mañá atropelado nun accidente ocorrido na autoestrada A-6, no inicio da contorna do Porto de Piedrafita, informaron fontes da Fundación Oso Pardo.

Redacción - 14:10 28/10/2008
Tags:

O accidente tivo lugar ás seis da mañá, no municipio de Veiga de Valcarce, na comarca do Bierzo, na provincia de León.

Ao parecer tratábase dun exemplar novo, que foi alcanzado por un gran camión con trailer que apenas sufriu danos, mentres que o animal suponse que morreu no acto.

Segundo fontes de asociacións ecoloxistas consultadas por Efe, o municipio de Veiga de Valcarce, sen ser unha zona de gran densidade osera, se é zona "de dispersión", á que chegan con frecuencia osos do Alto Sil e a comarca dos Ancares, dacabalo entre as provincias de León e Lugo.

A perda dun exemplar de oso sempre é lamentable, argumentou un dos expertos neste tipo de exemplares, porque se trata dun animal sumamente escaso, aínda que nos últimos anos o seu declive detívose.

Segundo datos da Fundación Oso Pardo, a poboación osera cantábrica permanece fragmentada desde a primeira metade do século XX en dúas poboacións. A poboación oriental ocupa uns 2.500 quilómetros cadrados e esténdese polo nordeste leonés, norte de Palencia, Cantabria e oriente de Asturias, un núcleo no que se calcula que sobreviven actualmente entre vinte e cinco e trinta exemplares.

O núcleo occidental é máis importante, ocupa uns 2.600 quilómetros e conta cuns cen osos, que permanecen no Alto Sil de León, no límite oriental de Lugo e suroeste de Asturias.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: