Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Espazo natural "esnaquizado"

SOS Courel desafía a Fiscalía a investigar as agresións ao patrimonio na zona

Despois de que o fiscal xefe do TSXG indicase que a cidadanía fai poucas denuncias sobre atentados ao patrimonio, o colectivo envíalle unha peneira das que eles mesmos realizaron.

Redacción - 11:50 24/10/2008

De xeito concreto, a plataforma SOS Courel destaca o caso da canteira da Campa, activa aínda sen sequera licenza municipal, recordando que lle afecta a unha superficie de máis de 300 mil metros cadrados en terreos que teñen recoñecida a súa protección medioambiental especial. Lémbranlle á fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que o Courel "no seu conxunto pertence ao Patrimonio Cultural" desde a protección estabelecida hai case vinte anos. Sinalan ao fío que malia que a orde de peche desta canteira foi confirmada polo TSXG, a Xunta "non só non cumpriu a súa propia orde, senón que lle deu autorización autonómica en xullo de 2007".

As obras nunha vía a pé da devesa da Rogueira que destruíron un camiño milenario, unha fundición romana e o circo do glaciar do Céramo ou o impacto de pistas e corta-lumes en mámoas, castros, covas e camiños tradicionais no contorno de lugares como Froxán e Seceda, son outras denuncias que aparecen na escolma que SOS Courel lle vai enviar ao fiscal. Estragos dos que acusan a diversos departamentos do Goberno, e sobre as que desafían a fiscalía a prestarlle a súa atención. O pronunciamento da plataforma chega despois de que o fiscal xefe, Carlos Varela, explicase esta semana que bota en falta que se produzan máis demandas xudiciais sobre delitos ao patrimonio e recomendase concienciar a asociacións e administracións. A maiores SOS Courel advirte da existencia de "atentados perpetrados para intimidar" a membros do colectivo.


Ligazóns

5/5 (13 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: