Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Na Clase Maratón

Galiza consegue dúas medallas das catro do equipo estatal no Mundial de Piragüismo

Foron para os dúas formados por Ferro e Graña e Mascato e Ribadomar no C-2. As primeiras de prata, as segundas de bronce.

Redacción - 10:40 22/09/2008
Ferro e Graña remando en Brandenburgo este verán, na Copa do Mundo de Maratón na que gañaron o ouro

Ferro e Graña remando en Brandenburgo este verán, na Copa do Mundo de Maratón na que gañaron o ouro

Mais unha vez o trono da selección estatal puxo os seus alicerces no traballo dos padexeiros galegos. Esta fin de semana, na República Checa, a selección española revalidou o seu título de campioa mundial de Maratón, acadando, por quinto ano consecutivo, o triunfo na World Trophy, a elite desta especialidade do piragüismo en canto a combinados nacionais.

Das catro medallas conseguidas polo equipo estatal, dúas foron para padexeiros galegos da mesma categoría, a C-2 sénior. Un dos metais foi o de prata que gañaron os padexeiros do Piragüismo Illa de Arousa, Ramón Ferro e Óscar Graña. Na mesma proba o bronce foi para Cristian Ribadomar e David Mascato, que se estreaban como dúo sobre a canoa. O título foi para o húngaros Edvin Csabai e Attila Gyore, que conquistaban, deste xeito, o seu décimo mundial consecutivo.

A actuación do resto do equipo
Tamén é de salientar a actuación de Tono Campos, o padexeiro do Breogán, quen sufriu a rotura da súa pa cando ía no grupo de cabeza, o que lle fixo perder a súa privilexiada posición, quedando sexto na proba do C-1 sénior. Tamén destacou Miguel Salgado, do Torres de Catoira, quen foi quinto no C-1 júnior.

As outras medallas do equipo estatal chegaron de man de Emilio Merchán (ouro en K-1 sénior) e Jorge Alonso e Santiago Guerrero (prata en K-2 sénior).


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: