Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMEZOU O DOMINGO

Un incendio arrasa 66 hectáreas de bosque no Courel

Medio Rural despregou 41 brigadas na zona que conseguiron acoutar un lume que segue activo. Dende SOS Courel falan de “descoordinación”.

Redacción - 19:00 25/08/2008

Arredor das 18.30 horas do domingo declarouse un incendio no concello de Folgoso do Courel que leva arrasadas 66 hectáreas de bosque. Segundo a Consellaría de Medio Rural, a zona afectada corresponde nun 90% a monte raso e un 10% a zona arborada, fundamentalmente piñeiros e frondosas. Dende a Xunta tamén salientan a “rápida actuación” dos servizos de extinción que evitou peores consecuencias.

Pola contra, o colectivo 'SOS Courel' critica a “descoordinación e lentitude” dos efectivos da Xunta. Dende esta asociación consideran que inicidentes como os deste domingo teñen que ver coa “política continuista” en canto á prevención. Entre outras, SOS Courel acusa ao Goberno de que “as beiras das estradas están a monte, os camiños tradicionais pechados, promóvese a plantación de pinos e non de árbores frondosas”.

Un comunicado de Medio Rural feito público na tarde deste luns asegura que nas últimas horas traballaron 41 brigadas na loita contra este lume. Coa situación controlada, efectivos de reserva intentaban refrescar a zona afectada durante a tarde deste luns.

Nos traballos de extinción, un operario dunha motobomba, conveniada co Concello de Ribas de Sil, sufriu feridas das que se recupera no hospital de Monforte e que segundo a Xunta non son graves.


4,56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: